A lúa contoume o segredo que ten co sol.
Eu fun feliz cando ela mo contou a min.
A lúa contoume que o mar é o seu fillo.
A lúa contoume que o mar é o fillo do sol.
A lúa contoume.
Oh lúa eu quérote.
Eu debuxo cos sorrisos dos teus mares,
eu quero a lúa, as lúas dos teus ollos,
eu quero un xardín cos teus meniños.
Imos facelo amodiño
Eu conteille á lúa.
A lúa contoume.
Oh lúa eu quérote.
A lúa contoume.

